Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.560

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 301/1997, do 9 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 20 kV, Velle-Quintela, concellos de Ourense e Coles, provincia de Ourense. (Expediente 95/6-3).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 6.185 m de lonxitude en conductor LA-110, derivada desde un apoio da liña de media tensión Velle-Barra de Miño e con remate no apoio proxectado co nº 3, afectando no seu percorrido ós termos municipais de Ourense e Coles (Ourense). (Expediente: 95/6-3).

A dita instalación autorizouse e declarouse de utilidade pública en concreto, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, do 12-9-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 21-11-1996, no BOP de Ourense do 10-10-1996, e no BOE do 16-10-1996. Con data 13-9-1996 aprobouse o seu proxecto de execución,

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 5-2-1997, no BOP de Ourense do 27-1-1997, no xornal La Región do 5-2-1997, e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Ourense e Coles e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás aqueles descoñecidos ou con enderezo descoñecido ós que se deu traslado das actuacións practicadas ó Ministerio Fiscal, segundo o disposto no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións:

1) A asociación de veciños de S. Pedro de Cudeiro; Nemesia Pérez Pérez, propietaria do predio nº 54-OR; José Iglesias Fernández, propietario dos predios números; 55, 68, 73 e 75-OR; Rosaura Feijoo Bande, propietaria do predio nº 88-OR, cues

tionan a utilidade pública da instalación e alegan, entre outras cosas, prexuízos económicos e que se busque unha traza alternativa para a liña, utilizando camiños, regueiros, etc.

2) Nemesia Pérez Pérez, propietaria do predio nº 7/A-OR solicita que o apoio que figura no predio se sitúe nunha das marxes do camiño próximo, que o poste teña a suficiente altura para que o tendido cumpra as distancias mínimas que ordena a normativa nun hipotético caso de construcción de vivenda, e que a beneficiaria se comprometa por escrito ó cambio da situación da liña dentro do propio terreo por petición da propietaria por causa xustificada.

3) Amador Guerra González, propietario do predio nº 84 aduce erros na cualificación do terreno, así como que no citado predio sitúase o Pazo de Souto de Rei, incluído no catálogo do patrimonio cultural, tradicional e histórico do Concello de Ourense, sendo por tanto zona de protección especial nun radio de 150 m; engade que próximo ó paso da liña existen varias árbores centenarias significativas que se verían afectadas, que as vistas desde o pazo cara ó val do Miño e a cidade de Ourense quedarían interferidas e que as futuras edificacións na zona do predio que limita coa estrada se verían condicionadas polo paso da liña; consonte a estas consideracións solicita que o paso da liña pola zona se realice soterrado.

4) Francisco Vázquez Alonso, propietario do predio 109-OR alega cuestións sobre o prezo da expropiación.

5) Amador Fernández Vázquez, propietario do predio nº 120-OR alega que non recibiu suficiente información sobre a afección; aduce tambén erro na cualificación da propiedade, xa que no dito predio realizou obras para poder edificar nun futuro. Engade que o beneficiario xa procedeu á tala ilegal dunha arbore madereira no predio.

6) Herminio Paradela Fernández, propietario do predio nº 127-OR solicita documentación sobre a afección.

7) Marina Fernández Santos, respecto ó predio nº 196, afirma que este é da súa propiedade e non do seu irmán Luis Fernández Santos como figura na relación de afectados; tamén fai referencias ó prexuízo económico que lle causará a afección e á súa valoración do prezo da expropiación.

8) Benjamín Vázquez Pérez, respecto os predios nº 2, 16 e 22-Coles, afirma a existencia dun erro na relación de afectados, xa que os citados predios figuran a nome de Benjamín Vázquez González e o alegante o seu titular. Tambén aduce o prexuízo económico que o paso da liña eléctrica causará na súa propiedade, para efectos de pagamento da correspondente indemnización. Con respecto ó predio nº 43-Coles, tamén da súa propiedade, engade que este predio está destinado a edificación, estando totalmente urbanizado, cerrado e dotado de infraestructuras, e ten solicitada ademais a correspondente

licencia do concello para unha vivenda unifamiliar; afirma, en consecuencia, que o paso da liña na disposición prevista ocasiona un grave prexuízo, polo que solicita que o tendido se realice por unha linde marxinal.

9) José Alberto Quintas Borrajo, en nome e representación de Benjamín Vázquez Pérez, titular do predio nº 40-Coles, propón a variación da liña a outros predios nos que a repercusión económica da afección sexa menos elevada, ou en caso de non ser isto posible, que a liña pase por lindeiros.

As alegacións fóronlle remitidas á empresa beneficiaria.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos ou limitativos dos artigos 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, e 25 e 26 do Decreto 2619/1966.

Á vista das alegacións presentadas, da resposta da empresa beneficiaria e da inspección sobre o terreo, dedúcese que:

a) Respecto das alegacións da asociación de veciños de S. Pedro de Cudeiro, Nemesia Pérez Pérez, José Iglesias Fernández e Rosaura Feijóo Bande, cómpre dicir que a liña xa se realiza conforme un proxecto modificado, o cal recolle a traza alternativa que no seu día propoñía a propia asociación de veciños, e que a liña non atende a beneficios particulares, senón que con esta se verán beneficiadas cun mellor servicio eléctrico as zonas de influencia.

b) Non se pode atende-la solicitude de Nemesia Pérez Pérez do paso da liña pola marxe do camiño existente, xa que debido á largura da pista existente, a colocación do apoio interrompería substancialmente o tránsito; respecto á altura da instalación, a liña realizarase para permiti-la construcción dunha vivenda unifamiliar conservando as distancias de construcción a liñas eléctricas do Regulamento eléctrotécnico de alta e baixa tensión vixente.

c) Respecto ás alegacións formuladas por Amador Guerra González en relación ó pazo de Souto de Rei, cómpre dicir que a liña eléctrica proxectada é coincidente coa xa existente no predio, non creando novas afeccións, e existindo o mutuo acordo asinado no seu día para aquela.

d) Non se pode acepta-la alegación presentada por Benjamín Vázquez Pérez, xa que non se dan conxuntamente as condicións que establece o art. 26 do Decreto 2619/1966, e non se achega a conformidade dos novos propietarios afectados.

e) A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense facilitou as informacións solicitadas, proporcionadas pola empresa

beneficiaria; esta, así mesmo, tomará nota dos cambios de titularidade dos predios, proseguindo os trámites cos novos propietarios; respecto os erros detectados na relación de bens e dereitos afectados, a empresa beneficiaria procederá a corrixi-los durante o levantamento de actas previas e os interesados deberán achega-la documentación, acreditativa correspondente.

f) Non se toman en consideración as cuestións referentes á valoración dos terreos, por non se-lo prezo da expropiación obxecto desta fase do expediente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se preténde mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e no regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 55 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea Velle-Quintela.

Os bens e dereitos ós que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais de Ourense e Coles (Ourense) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8339