Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de outubro de 1997 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 31 de xaneiro de 1997 pola que se regula a concesión de axudas para innovación tecnolóxica, I+D e calidade, para 1997.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 31 de xaneiro de 1997 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas, agrupacións de empresas e entidades sen ánimo de lucro, que realicen investimentos en innovación tecnolóxica, investigación e desenvolvemento e calidade, dentro da Comunidade Autónoma galega, para 1997 (DOG nº 41, do 28 de febreiro de 1997).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda, a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do día 31 de outubro de 1997.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motiva un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 31 de xaneiro de 1997, ata o 30 de novembro de 1997.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6716