Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (75/1997).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de separación conxugal (5*) 75/1997, notifícaselle ó demandado, Juan Antonio Paz Brión, a sentencia dictada nestes, co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de sepa

ración conxugal (5*) 75/1997, promovidos por Lucía Estévez Campaña, como demandante, representada polo procurador José Manuel Novoa Núñez e dirixida polo avogado Julio Mario Liñares Stolle contra Juan Antonio Paz Brión e ministerio fiscal como demandado sobre separación.

Decido que considerando a demanda interposta polo procurador José Manuel Novoa Núñez (de oficio), en nome e representación de Lucía Estévez Campaña, declaro a separación do matrimonio formado por Lucía Estévez Campaña e Juan Antonio Paz Brión, acordando respecto dos seus bens a disolución do réxime económico matrimonial, con efectos para determinar en execución de sentencia, se así se solicita. Acórdanse as seguintes medidas:

1. A filla menor do matrimonio queda baixo a garda e custodia da nai e o marido pode comunicar con eles e tela na súa compañía as fins de semana alternas, desde as 16 horas do sábado ata as 19 horas do domingo, a metade das vacacións do Nadal, Semana Santa e verán, alternando os cónxuxes na elección dos períodos que lles sexan máis convenientes.

2. O marido deberá aboar mensualmente a cantidade de 25.000 pesetas, en concepto de contribución ás cargas do matrimonio e alimentos, que aboará por anticipado nos cinco primeiros días de cada mes, cantidade que deberá ser actualizada anualmente de conformidade co IPC, publicado por INE.

Todo isto sen expresa declaración en canto ás custas. Firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio dos litigantes para a anotación correspondente.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado, declarado en rebeldía en forma prevista nos artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, salvo que a parte litigante, no prazo de 5 días, solicite a notificación persoal ó abeiro do disposto no artigo 769.1º da dita lei.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no termo de cinco días a partir da súa notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado, Juan Antonio Paz Brión, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o oito de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

8045