Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

CÉDULA de notificación de sentencia (94/1997-20).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, dá fe de que no xuízo de faltas a que se fará mención, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Corcubión o cinco de setembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, os autos de xuízo de faltas 94/1997, sobre danos, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, denunciante Dosinda Canosa Puente, e como denunciado Juan Fidalgo Canosa.

Decido que debo absolver e absolvo a Juan Fidalgo Canosa, con toda clase de pronunciamentos favorables e declarando de oficio as custas provesuais que se puidesen causar.

Notifíqueselle esta resolución o Ministerio Fiscal e demais partes, coa advertencia de que non é firme pero contra a que si se pode recorrer en apelación polo prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Juan Fidalgo Canosa, expido e asino a presente cédula en Corcubión o dez de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Óscar Méndez Fernández

Secretario

8048