Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.533

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión das prazas de corpos docentes universitarios 1496/1997 e dez máis.

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, resolvo convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Así mesmo poderán accede-los nacionais dos países ós que se refire o Real decreto 800/1995, que desenvolve a Lei 17/1993.

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nas probas selectivas.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 70.

e) Cumpri-los requisitos para exerce-las funcións que dentro do corpo lle poidan ser encomendadas, conforme o previsto regulamentariamente.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudantes desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria.

Cuarta.-Os aspirantes, por dereitos de exame e dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán aboar na conta corrente 48/2, outros ingresos de Caixa Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela, a cantidade de 4.000 ptas. en concepto de formación de expediente e por dereitos de exame. Non acredita-lo pagamento deste dereitos dentro do prazo de presentación de solicitudes será a causa de exclusión.

Quinta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitiralle correspondente instancia, debidamente cuberta, segundo modelo que figura no anexo II ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado e achega-lo xustificante do pagamento de dereitos de exame e os documentos que acrediten que reúne os requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á da fin do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Sexta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación ante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sétima.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que é citado, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos para participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración.

Oitava.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Novena.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de remate da actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Declaración xurada de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude do expediente disciplinario e non acharse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, pero deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

-Número de prazas: 1

Praza número: 1496/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: estomatoloxía.

Departamento á que está adscrita: Cirurxía.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área vencelladas á prótese e maxilofacial. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1497/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica da lingua e a literatura.

Departamento á que está adscrita: Didáctica da Lingua e a Literatura.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área vencelladas á didáctica das linguas estranxeiras. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1499/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento á que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1530/1997

Corpo ó que pertence a praza: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da arte.

Departamento á que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1531/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal.

Departamento á que está adscrita: Bioloxía Vexetal.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1505/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias morfolóxicas.

Departamento á que está adscrita: Ciencias Morfolóxicas.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: anatomía humana: estructura e función do sistema visual I. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1532/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito civil.

Departamento á que está adscrita: Dereito Común.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: dereito civil. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1519/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física aplicada.

Departamento á que está adscrita: Física Aplicada.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: fundamentos químicos da enxeñería. Lugo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1533/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da arte.

Departamento á que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: historia da arte. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1534/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia da arte.

Departamento á que está adscrita: Historia da Arte.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: historia da arte. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1

Praza número: 1535/1997

Corpo ó que pertence a praza: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: xeografía humana.

Departamento á que está adscrita: Xeografía.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: materias da área. Santiago de Compostela.

Clase de convocatoria: concurso.

7988