Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun local sito na rúa Santa María de Leixa, s/n, de Ferrol, destinado á localización de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que, por razón da urxencia da adquisición, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun local sito na rúa Santa María de Leixa, s/n, de Ferrol, para localización de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

7692