Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.490

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se establecen os modelos que se van utilizar polas zonas de recadación no procedemento de constrinximento e o horario de atención ó público.

O Decreto 90/1997, do 10 de abril, no seu artigo 18.6º, dispón que as zonas de recadación manterán aberta a oficina, como mínimo no horario que oficialmente lle fixe a Dirección Xeral de Tributos.

Pola súa banda, a Orde do 8 de outubro de 1997, pola que se desenvolven determinados artigos do citado decreto, dispón que a notificación da providencia de constrinximento-documentos de ingreso, e as dilixencias de embargo se realizarán utilizando os documentos establecidos pola Dirección Xeral de Tributos.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-Os modelos de notificación de providencia de constrinximento, de dilixencias de embargo de contas bancarias, e de dilixencias de embargo de crédito, soldos, salarios, pensións e outros serán os que figuran nos anexos I, II e III, respectivamente.

Segundo.-O modelo de ingreso en entidades colaboradoras (990), que se achegará á notificación da

providencia de constrinximento, será o que figura no anexo IV.

Terceiro.-O modelo de ingreso en zona de recadación, total ou parcial (991), será o que figura no anexo V.

Cuarto.-Os modelos de ingreso motivados por embargo efectivo (992), por embargo de contas abertas en entidades de depósito (993), por embargo de créditos, soldos, salarios e pensións (994), por alleamento de inmobles ou establecementos mercantís (995) e por outros embargos (996) serán os que figuran nos anexos VI, VII, VIII, IX e X, respectivamente.

Quinto.-En tódolos casos, os modelos terán que imprimirse en papel DIN A4 autocopiativo, sendo o exemplar para o interesado en cor branca, e os exemplares para o recadador ou a entidade financeira en cor azul.

Sexto.-O número de documentos que se vai consignar debaixo do código do modelo de ingreso terá que adaptarse necesariamente ás especificacións que se sinalen pola Dirección Xeral de Tributos.

Sétimo.-O horario de atención ó público por parte da zona de recadación será como mínimo de 9 horas a 14 horas.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

8261