Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.453

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do comercio da pel da provincial da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do comercio da pel da provincial da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 1-8-1997 e completada a documentación o 27-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios del Comercio del Calzado e, da parte social, por CC.OO. e UGT o día 6-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de agosto de 1997.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaira do convenio colectivo provincial do comercio da pel da Coruña

Asistentes.

Pola parte social:

José Ramón Grela Castro (CC.OO.).

Nieves Montes Patiño (UGT).

Pola parte empresarial:

Vicente Villar Pispeiro

Rosa Díaz Álvarez

Na Coruña, o 6 de maio de 1997, ás 17.30 horas, nos locais da parte empresarial, reúnense as persoas á marxe relacionadas integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de comercio da pel da Coruña, co obxecto de proceder á elaboración das táboas salariais para o ano 1997.

Para tal efecto as partes acordan:

Primeiro.-Aproba-las táboas salariais para 1997, que son as que figuran no anexo I a esta acta. A dita contía provén de aplicárlle-lo IPC previsto polo goberno para 1997 ás táboas do ano 1996.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 18.30 horas do día indicado máis arriba.

Convenio colectivo para as empresas do sector do comercio da pel na provincial da Coruña

Táboas salariais 1997

CategoríaSalariosCómputo anual

Menor de 17 anos59.130952.470

Menor de 18 anos59.130952.470

Axudante80.9961.280.473

Dependente de 22 a 24 anos83.1161.312.286

Dependente maior de 25 anos89.7471.411.734

Xefe de sección94.8001.487.530

Xefe de almacén110.5081.723.150

Xefe de sucursal110.5081.723.150

Encargado xeral126.1391.957.617

Encargado de compras e vendas100.5931.574.422

Mozo de almacén80.9961.280.413

Corredor de praza94.3681.481.050

Auxiliar caixa de 18 a 20 anos80.9961.280.473

Auxiliar caixa de 20 a 22 anos81.9281.294.447

Auxiliar caixa de 22 a 25 anos83.9121.324.211

Auxiliar caixa de máis de 25 anos84.7091.396.154

Aspir. Adm. de 16 a 18 anos59.130952.470

Contable caixeiro94.6321.485.006

Xefe administrativo116.2071.808.627

Oficial administrativo89.7481.411.749

Auxiliar administrativo80.9961.280.473

Escaparatista90.8011.427.539

Plus de transporte5.460

97-8063