Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Vigo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-7-1997, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 18-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de agosto de 1997.

F. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

ACTA DE ACORDO FINAL DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO DA EMPRESA FRIGORÍFICOS DE VIGO, S.A. PARA O ANO 1997

Na cidade de Vigo, sendo as 12 horas do día 18 de xuño do ano 1997, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Vigo, S.A. para o ano 1997, composta polas persoas que a seguir se relacionan:

AsistentesDNICargo/Sindicato

En representación da empresa:

José A. Llorca Fernández del Viso10437544Director xerente

Manuel Díaz García35849071Xefe persoal

Comité de empresa:

Alberto Arbones Lago36042555Presidente CC.OO.

José M. Hermida Costas36024107Secretario CC.OO.

José R. Davila Álvarez35994950Vocal CC.OO.

Manuel Estévez Tielas35785006Vocal CIG

Miguel A. Argibay Fontenla35935731Vocal CC.OO.

Constituíndo o obxecto da reunión a análise do contido do convenio colectivo da empresa para o ano 1997, chegan as partes á adopción dos acordos que seguidamente se detallan:

1. O convenio colectivo para o ano 1997 manterá o mesmo texto có do ano 1996, salvo as modificacións seguintes: artigo 5 a) (texto vixencia).

Vixencia: o convenio entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP e terá efectos económicos a partir do 1 de xuño de 1997, segundo resulta da acta do acordo final.

2. A revisión salarial terá o contido que segue:

a) Contía:

Gratificación voluntariaIncremento de 2.100 ptas. en tódalas categorías que teñan o dito concepto
Plus de distanciaIncremento de 600 ptas. en tódalas categorías

b) Data de efectos.

A revisión salarial acordada terá efectos desde o 1 de xuño de 1997.

Sen máis asuntos que tratar, acordan as partes dar por finalizada a reunión, sendo as 13 horas do día sinalado no encabezamento.

7869