Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da lousa de Ourense e Lugo 1997-1998.

Visto o texto do convenio colectivo do sector da lousa de Ourense e Lugo 1997-1998 (código do con

venio nº 8200215), que se suscribiu con data do 2 de xullo de 1997, dunha parte, pola Asociación Galega de Pizarristas, en representación das empresas, e doutra, polas centrais sindicais: S.N. de CC.OO. de Galicia, UGT Galicia e Grupos de Traballadores, en representación do grupo laboral afectado, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e o Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de traballo no sector da lousa de Ourense e Lugo de 1997-1998

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.

O presente convenio regula as relacións de tódalas empresas e os seus traballadores que teñan como obxecto a explotación de lousa na provincia de Ourense e nas empresas de Lugo que se relacionan na acta da súa sinatura; poderanse incorporar voluntariamente a el as restantes empresas de Galicia e isto con independencia do lugar onde estea o seu domicilio social.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 3º.-Duración.

O presente convenio terá duración ata o día 31 de decembro de 1998.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes do convenio poderá realiza-las súa denuncia comunicándollo por escrito á outra parte con dous meses de antelación á finalización da súa vixencia.

No mes anterior á finalización da duración do convenio, as partes asinantes comprométense a manter unha reunión para constituí-la comisión negociadora e establecer un calendario de reunións para a próxima negociación. No suposto de que chegado o día do vencemento, non se adoptase na comisión negociadora un acordo definitivo sobre o novo convenio prorrogarase o anterior en tódolas súas cláusulas ata a sinatura do novo convenio.

Artigo 5º.-Normas supletorias.

Serán normas supletorias o Estatuto dos traballadores o acordo marco do sector da lousa, publicado no BOE do 10 de abril de 1997 e os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que os tivesen así como as demais disposicións legais de aplicación.

Capítulo II

Outras condicións de traballo

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Aplicarase o disposto nos artigos 31 e 32, ámbolos dous incluídos, do acordo marco do sector da lousa.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 21 días laborables para tódolos traballadores do sector, salvo que algún deles -a título persoal- desfrutase de maior período; en todo caso, o número de días naturais do período de vacacións non será inferior a 30. A súa retribución será de salario base máis antigüidade máis o plus de asistencia correspondente ós días efectivos de traballo do mes ou meses en que se desfruten as ditas vacacións, segundo a xornada de traballo de cada empresa.

As vacacións poderanse desfrutar en dous períodos que se fixarán de común acordo entre o empresario e o traballador ou os seus representantes legais, tendo en conta que polo menos 11 día laborais deberán ser en período estival. En caso de circunstancias excepcionais, o empresario e os representantes dos traballadores poderán pactar outros períodos de distribución das vacacións. Neste último suposto non será de aplicación o establecido no artigo 20º do presente convenio.

No caso de que o traballador se encontre en situación de incapacidade temporal no momento de comenza-las vacacións, estas pospoñeranse e fixarase un novo período, se a isto houber lugar dentro do ano natural. En caso contrario, se a baixa se producise durante o período das vacacións, estas seguirán correndo ata cumprirse o período correspondente.

Artigo 8º.-Festas locais.

Sen prexuízo das competencias dos concellos, serán establecidas de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. En caso de

non haber acordo entenderanse como tales as do lugar onde estea o centro de traballo.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, polos motivos e durante o tempo sinalado para cada un deles no artigo 37 do Estatuto dos traballadores e o artigo 38 do acordo marco do sector da lousa. Igualmente polo tempo imprescindible para a realización de exames, sempre que se xustifique.

Todo traballador terá dereito á asistencia médica polo tempo necesario e retribuído, presentando o oportuno xustificante.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas afectadas por este convenio, entregaranlles ós seus traballadores dúas fundas ó ano, como roupa de traballo, unha no mes de xaneiro e outra no mes de xullo. Non obstante o anterior, cando a data de ingreso na empresa non coincida con eses dous meses, entregarase unha ó comezo e outra ó cabo de seis meses se o traballador continuase prestando os seus servicios na empresa. Así mesmo, entregarán o día 1 de outubro de cada ano un par de botas de seguridade a aqueles traballadores que desempeñen o seu traballo como serradores ou ben como rachadores de pedra. Tamén lles entregarán un par de botas de seguridade ós traballadores que desempeñen o seu traballo como cortadores embaladores e labradores. Tamén se facilitarán as luvas e mandís necesarios.

A roupa de seguridade e protección será substituída polas empresas antes dos prazos sinalados, sempre que se entreguen as usadas ou deterioradas e se comprobe que o desgaste ou rotura no é imputable ó traballador.

Capítulo III

Condiciones económicas

Artigo 11º.-Salarios.

Os salarios pactados neste convenio para o ano 1997 son os que figuran para cada categoría no seu anexo I.

Co fin de facilita-la elaboración das nóminas, así como que os traballadores perciban mensualmente a mesma cantidade económica, con independencia dos días naturais ou laborais do mes de que se trate, establécese o salario base a razón de 30 días/mes e o plus de asistencia, a razón de 21 días/mes.

Os salarios serán aboados polas empresas ós traballadores, dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó seu devengo.

Artigo 12º.-Revisión 1997.

En caso de que o índice de prezos o consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó 3,1%

respecto da cifra que resultase de aplica-lo dito IPC o 31 de decembro de 1996 efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, en exceso da indicada cifra. Tan incremento aboarase con efectos do primeiro de xaneiro de 1997 servindo por conseguinte, de base de cálculo para o incremento salarial de 1998.

Artigo 13º.-Incremento salarial de 1998.

Con efectos do primeiro de xaneiro de 1998 e con independencia do estipulado no artigo precedente -unha vez aplicada a revisión de 1997- actualizarase a táboa salarial do anexo I, na porcentaxe que sinale o Goberno do Estado como previsión de incremento do IPC para o dito ano incrementado en 0,9 puntos; en caso de que non exista tal previsión, aplicarase a porcentaxe que aquel aplique para os orzamentos xerais do Estado incrementado en 0,9 puntos.

En caso de que o índice de prezos do consumo (IPC), rexistrase o 31 de decembro de 1998 un incremento superior ó previsto polo Goberno incrementado en 0,5 puntos, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a partir da dita previsión incrementada en 0,5 puntos. Tal incremento aboarase con efecto de primeiro de xaneiro de 1998, servindo, por conseguinte, como base de cálculo para o incremento salarial de 1999.

Artigo 14º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para os traballadores dos grupos I ó V con rendemento normal que se devengará por día efectivo de traballo nas contías que se establecen na columna segunda do anexo I do convenio.

Artigo 15º.-Perda do plus de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de dous días de plus; a segunda falta, catro días de plus; a terceira falta suporá a perda de dez días de plus e a cuarta falta, o total do plus mensual.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

A perda desta plus é independente das sancións que establezan as disposicións legais sobre a materia.

Artigo 16º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá os aumentos periódicos polos anos de servicio con base en dous bienios e quinquenios sucesivos, de acordo cos valores seguintes para tódalas categorías:

Anos 1997 y 1998:

Bieno/mes= 2.585.

Quinquenio/mes= 3.929.

Artigo 17º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense as seguintes:

a) Paga extraordinaria de xullo por unha contía de 30 días que se aboará antes do día 22 do dito

mes e se devengará en función do tempo efectivamente traballado durante o primeiro semestre do ano.

b) Paga extraordinaria de Nadal por unha contía de 30 días que se aboará antes do día 22 de decembro e se devengará en función do tempo efectivamente traballado durante o segundo semestre do ano.

c) Paga extraordinaria de beneficios por unha contía de 30 días que se aboará antes do día 22 do mes de marzo e se devengará en función do tempo efectivamente traballado durante o ano natural inmediatamente anterior á súa percepción.

As pagas que figuran nas alíneas a, b e c entenderanse devengadas en razón do salario que figura na primeira columna do anexo I en vigor no momento do devengo, máis a antigüidade correspondente.

Artigo 18º.-Axudas de custos.

As axudas de custos aboaranse a razón das seguintes cantidades: para o ano 1997 e 1998: media axuda de custos: 1.300, axuda completa: 2.400, podendo adoptarse de común acordo entre empresario e traballador a fórmula de gastos a xustificar.

Artigo 19º.-Prima de casado.

A todo traballador que, tendo como mínimo un ano de antigüidade na empresa contraia matrimonio aboaráselle unha gratificación ou prima por matrimonio de 15.000 ptas.

Artigo 20º.-Inclemencias do tempo.

Acordada a suspensión do traballo por inclemencias do tempo ou forza maior, as empresas aboarán ata un máximo de dez días naturais no consecutivos durante o ano, a razón do 50% do salario especificado na primeira columna do anexo I, correspondente ás horas non traballadas e sen obriga de recuperar por este concepto.

Cando a suspensión se faga necesaria unha vez que os traballadores iniciaron o desprazamento cara ós centros de traballo, as empresas aboarán ata un máximo de tres días naturais non consecutivos durante o ano a razón do 100% do salario especificado na 1ª columna do anexo I, máis o plus de asistencia.

No primeiro caso, a suspensión comunicarase mediante escrito dirixido ós representantes dos traballadores que se colocará nos taboleiros de anuncios.

Capítulo IV

Garantías sindicais

Artigo 21º.-Delegado sindical.

Recoñécese de acordo co artigo 10 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, a figura do delegado sindical naquelas empresas que

teñán un cadro de persoal superior a 250 traballadores, sempre que as centrais sindicais ás que pertenza acrediten nelas un nivel de afiliación superior ó 15%.

O delegado sindical, que será elixido na forma que prevé a citada lei terá que ser necesariamente traballador en activo da súa respectiva empresa.

Artigo 22º.-Funcións do delegado sindical.

O delegado sindical, no suposto de non formar parte do comité de empresa, terá as mesmas garantías cás legalmente establecidas para os membros daquel, así como os seguinte dereitos:

1. Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña ó dispor do seu comité, estando obrigado a gardar sixilo profesional naquelas materias en que legalmente proceda ou se lle requira xustificadamente.

2. Asistir ás reunións do comité de empresa e dos demais órganos internos en materia de seguridade e hixiene, con voz e sen voto.

3. Ser oído previamente pola empresa á adopción de medidas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados ó seu sindicato en particular e, especialmente, nos despedimentos en sancións por faltas graves que impoñan a este últimos.

4. Á utilización dun local axeitado no que poida desenvolve-las súas actividades, naqueles centros de traballo con máis de 250 traballadores.

Artigo 23º.-Comités de empresas e delegados de persoal. Competencias.

O comité de empresa ou dos delegados de persoal, se é o caso, terán as seguintes competencias:

1ª Recibir información que lle será facilitada trimestralmente polo menos sobre a evolución xeral do sector económico sobre a situación da producción e as súas vendas sobre os programas de producción cando os haxa e sobre a probable evolución do emprego da empresa.

2ª Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, os demais documentos que se lles dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións ca a estes.

3ª Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este e sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuracións de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais definitivos ou temporais daquela.

b) Reducción de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e controis de traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos de valoración de postos de traballo.

4ª Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

5ª Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que utilicen na empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

6ª Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

7ª Coñecer trimestralmente cando menos as estatísticas sobre absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais de medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

8ª Exercer un labor.

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de seguridade social e emprego así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e ante os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa coas particularidades previstas nesta orde polo artigo 19 do Estatuto dos traballadores.

9ª Participar, como se determine por convenio colectivo, na xestión das obras sociais establecidas pola empresa en beneficio dos traballadores ou os seus familiares.

10ª Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade de acordo co pactado nos convenios colectivos.

11ª Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinaladas no número 1º anterior, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

Os informes que deba emiti-lo comité segundo o teor das súas competencias deberanse elaborar no prazo de 15 días.

Artigo 24º.-Garantías dos membros dos comités de empresa e dos delegados de persoal.

Os membros dos comités de empresa e os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves no que serán oídos á parte do interesado, o comité de empresa ou os restantes delegados de persoal.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non ser despedido nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, salvo no caso de que esta se produza por revogación ou dimisión, sempre que o despedimento ou sanción se baseen na acción do traballador no exercicio da súa representación; sen prexuízo, por tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Así mesmo, non poderá se discriminado na súa promoción económica ou profesional en razón precisamente do desempeño da súa representación.

d) Expresar, colexiadamente se se trata do comité, con liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social comunicándollo á empresa.

e) Dispor do crédito de horas mensuais retribuídas cada un dos membros do comité de empresa ou delegados de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa escala que establece o artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 25º.-Outros dereitos sindicais.

Os traballadores con cargo de representación sindical a que se refiren os artigos precedentes poderán acumula-lo seu crédito persoal de horas retribuídas por períodos trimestrais; ben entendido que transcorrido cada trimestre quedará automaticamente cancelado o saldo que puidesen ter ó seu favor.

Excedencia. Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que ostentase cargo sindical de relevancia provincial autonómica ou nacional. Permanecerá na tal situación en canto se encontre no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa ó concluír este nos termos que para o efecto sinala o artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo V

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

Tódalas empresas afectadas polo convenio cumprimentarán a normativa legal de seguridade e hixiene contida na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo do 9-3-1971, na Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais e nas de mais disposicións que lle sexan de aplicación.

As empresas que teñan xornada partida habilitarán nos seus centros de traballo dependencias adecuadas para os traballadores poderen preparar e consumi-lo seu xantar.

Artigo 27º.-Indemnización por incapacidade absoluta ou morte en accidente de traballo.

As empresas concertarán no prazo de dous meses desde a sinatura do presente convenio, ou manterán en vigor debidamente revisadas, as correspondentes pólizas para asegura-los riscos de incapacidade absoluta ou morte de cada un dos seus traballadores, no suposto de accidente de traballo, entendendo este de acordo coa lexislación laboral, como ocorrido con ocasión ou por consecuencia do traballo que se realiza por conta allea (e incluído o denominado accidente in itinere nas empresas afectada por el), que permitan a aquelas ou ós seus descendentes causa-los dereitos ás seguintes indemnizacións: 4.000.000 e 3.500.000 respectivamente para cada unha das ditas continxencias.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou montepío. Non obstante o anterior, as indemnizacións pagadas con cargo a esta póliza de seguro de accidente non terán a consideración de pagos a conta das que poidan fixar no seu día os tribunais ou xulgados por sentencia firme, e que sexan a cargo das empresas.

Artigo 28º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores con independencia da súa categoría profesional, serán sometidos a recoñecementos médicos de periodicidade anual e carácter obrigatorio para todos eles, en todo caso o traballador terá coñecemento do resultado mediante entrega dun exemplar deste.

As empresas e as centrais sindicais asinantes do convenio, instarán ás autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma para a creación da infraestructura necesaria par a realización gratuíta de tales recoñecementos que, non obstante, seguirán a ser realizadas entrementres polas mutuas de accidentes de cada empresa. Todo iso sen menoscabo dos dereitos que en cada momento, asisten legalmente ó traballador.

Artigo 29º.-Indemnización en caso de accidente ou hospitalización.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio en caso de accidente laboral ou hospitaliza

ción, percibirán durante o período de incapacidade temporal ou de ingreso no hospital -con cargo ás empresas- a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario que viñesen percibindo nunha mensualidade normal de tal forma que nos ditos períodos perciban o 100% dunha mensualidade normal. No suposto de baixa por enfermidade e a partir do día 28 a empresa aboará a diferencia entre o percibido polo traballador e o 100% da base reguladora mentres persista a incapacidade temporal.

As ditas indemnizacións quedan suxeitas á vixencia da relación laboral entre os traballadores e a empresa.

Capítulo VI

Artigo 30º.-Formación profesional.

Os traballadores afectados por este convenio teñen o dereito a unha adecuada formación profesional que se oriente prioritariamente a:

a) Facilita-la inserción na vida profesional.

b) Conservar e perfecciona-los coñecementos para facilita-la promoción interna e favorece-la mellora da productividade na empresa e no conxunto do sector.

c) Promociona-la creación de novos empregos e a súa adaptación á innovación tecnolóxica.

Con tal fin, as empresas e centrais sindicais asinantes do convenio propiciarán o establecemento de programas de formación co INEM recoñecendo axudas mediante concertos con empresas ou institucións especializadas co obxecto de consegui-los obxectivos sinalados.

As condicións de asistencia a cursos ou a calquera outra modalidade de formación, cando impliquen perda de horas de traballo, terán que se establecer de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores.

As empresas continuarán as tarefas de formación interna do seu persoal, na forma en que o veñen facendo ata a data e procurando facilita-la promoción dos seus traballadores.

Capítulo VII

Contratación

Artigo 31º

En canto a contratación aplicarase o disposto no capítulo II, artigos 7 a 12, ámbolos dous incluídos, do acordo marco de sector da lousa.

Capítulo VIII

Disposicións adicionais

Única.-Desvinculación da totalidade. Aplicarase o disposto na disposición derradeira primeira do acordo marco do sector da lousa.

Capítulo IX

Disposicións derradeiras

Primeira.-Indivisibilidade.

O articulado do presente convenio e os seus anexos forman un todo único e indivisible e non se poderá aplicar parcialmente.

Segunda.-Sistema de clasificación profesional.

Aplicarase o disposto nos artigos 19 ó 22, ámbolos dous incluídos, do acordo marco do sector da lousa. Dado que os grupos 4º e 5º son específicos deste sector, asígnaselles as categorías que constan no anexo II do presente convenio: establecéndose conforme o artigo 22.5º parágrafo segundo do Estatuto dos traballadores, a equivalencia entre elas e a polivalencia funcional ou a realización de funcións entre as distintas categorías, dentro do grupo ó que pertencen.

Terceira.-Mobilidade funcional e xeográfica.

Aplicarase o disposto nos artigos 41 e 42 do acordo marco do sector da lousa.

Cuarta.-Faltas e sancións.

Aplicarase o disposto no capítulo VIII, artigos 43 a 50, ámbolos dous incluídos, do acordo marco do sector da lousa.

Quinta.-Compensación e absorción.

Os traballadores que, con anterioridade ó asinamento do presente convenio, viñesen desfrutando de mellores condicións que as aquí pactadas, conservaranas na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorvidas por el, se as condicións deste, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as anteriormente citadas.

Sexta.

Cando exista un medio de transporte habitual ó centro de traballo, non se poderá impedi-la súa utilización en forma discriminatoria a ningún traballador.

Sétima.-Comisión paritaria.

As partes negociadoras acordan establecer unha comisión paritaria integrada por cinco representantes dos traballadores e outros tantos da parte empresarial, como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

E en proba de conformidade con todo o seu contido asínano en unión dos seus anexos en Sobradelos de Valdeorras o dous de xullo de mil novecentos noventa e sete.

ANEXO I

Táboa salarial convenio colectivo da lousa 1997

Grupo profesionalSal. B/D.P. Ast. D/TSal./mesG. Cot.

Grupo 1
Licenciados3.1481.894134.2141
Enx. superiores3.1481.894134.2141
Enx. técnicos3.1401.855133.1552
Graduados sociais3.1401.855133.1552
Topógrafo3.1401.855133.1552
Dtres. de áreas e

servicios

3.1271.794131.4843
Delineante3.1221.763130.6833
Práctico Topog.3.0841.581125.7214
Axte. delineante3.0841.581125.7214

Grupo 2
Tec. Admon.3.1221.763130.6835
Oficial Adtvo. 1ª3.1081.705129.0455
Oficial Adtvo. 2ª3.0841.581125.7215
Auxiliar Adtvo.3.0671.486123.2167

Grupo 3
Encargados3.0841.581125.7213
Mecánicos3.0671.486123.2168
Electricistas3.0671.486123.2168
Soldadores3.0671.486123.2168
Fontaneiros3.0671.486123.2168
Albaneis3.0671.486123.2168
Auxili. oficios2.9831.065111.85510

Grupo 4
Encargados3.0841.581125.7213
Chofer3.0671.486123.2168
Palista3.0671.486123.2168
Barrenista e/ou artilleiro3.0471.388120.5588
Auxili. oficios2.9831.065111.85510

Grupo 5
Encargados3.0841.581125.7213
Operador de guindastre3.0471.388120.5588
Serrador3.0471.388120.5588
Labrador3.0471.388120.5588
Rachador3.0041.172114.7329
Cortador3.0041.172114.7329
Embalador3.0041.172114.7329
Desc. carros3.0041.172114.7329
Auxil. oficios2.9831.065111.85510

* Antigüidade: Bienio=2.585

Quinquenio=3.929

* Notas.

Os salarios establecidos no grupo 5º para rachador, coartador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio, ata tal data o seu salario será o establecido para o auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicaráselles a aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desempeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos e o seu salario será o seguinte: salario base: 3.024, plus de asistencia: 1.277 e salario/mes: 117.537.

O establecido neste apartado sobre salarios leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función deste.

Os traballadores menores de 17 anos e os de 17 anos terán respectivamente os seguintes salarios: salario base: 2.820 e 2.846, plus de asistencia: 246 e 372, salario/mes; 89.766 e 93.192.

ANEXO II

Táboa de categorías grupos 4º e 5º

* Chofer: oficial de 1ª.

* Palista: oficial de 1ª.

* Barrenista/artillero: oficial de 2ª.

* Operador de guindastre: oficial de 2ª.

* Serrador: oficial de 2ª.

* Labrador:

Ata 1 ano: peón especialista.

De 1 a 2 anos: oficial 3ª.

Desde 2 anos: oficial de 2ª.

* Cortador:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en adiante: peón especialista.

* Embalador:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en adiante: peón especialista.

* Descargador de carros:

Ata 6 mese: peón ordinario.

De 6 meses en adiante: peón especialista.

* Rachador:

Ata 6 meses: peón ordinario.

De 6 meses en adiante: peón especialista.

Notas:

1ª Os períodos que se recollen nos traballos de labrador, cortador, embalador, descargador de carros e rachador enténdense de antigüidade no desempeño do oficio.

2ª As empresas, sen prexuízo da súa capacidade organizativa dos traballos, procurarán forma-los seus labradores de entre aqueles que estean desempeñando o seu traballo como cortadores; neste caso, estes incorporaranse a quel como oficiais de terceira.

6515