Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de setembro de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Advertido erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 188, do 30 de setembro de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 9.615, no código de formación específica 710, onde di: «experiencia na análise....», debe dicir: «experiencia mínima de dous anos na análise...» e no código de formación específica 712, onde di: «viscerado...», debe dicir: «eviscerado...».

6641