Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de setembro de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0005998/1997, interposto por Daniel Castiñeira Pérez.

Con data do 11-9-1997, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencias polas que se admite o recurso contencioso-administrativo 02/0005998/1997, interposto por Daniel Castiñeira Pérez contra acordos do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pon

tevedra do 4-6-1997 sobre clasificación como veciñais en man común do monte Cruceiro, da parroquia de Currás, concello de Tomiño.

En consecuencia, esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Pontevedra, 19 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

8072