Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997 pola que se fai público o outorgamento dunha concesión administrativa en terreos de dominio público portuario do porto de Sanxenxo.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que lle pon fin á vía administrativa, unha concesión en dominio público portuario do porto de Sanxenxo, con suxeición ás condicións estipuladas no prego de condicións desta.

Resolución: 15-10-1997.

Obxecto: construcción e explotación dun porto náutico deportivo.

Porto: Sanxenxo.

Adxudicatario: Nuria Davila Pérez, en representación de Construccións Davila Lago, S.A.

Prazo: 30 anos.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

8073