Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.339

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de outubro de 1997 pola que se autoriza o inicio de actividades do centro de menores de Marín (Pontevedra).

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais e 6 do Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais; os centros de servicios sociais propios da Comunidade Autónoma crearanse mediante decreto precisándose orde da consellería competente para o inicio das súas actividades.

Mediante Decreto 253/1997, do 10 de setembro, creouse un centro de menores en Marín, (Pontevedra) procedendo concede-lo permiso de inicio das súas actividades.

Polo exposto e en uso das facultades que me son atribuídas polo Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, e a disposición final do Decreto 253/97, do 10 de setembro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorízase o inicio de actividades do centro de menores sito na rúa do Sol, nº 12 en Marín, coas condicións que figuran no anexo.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Localidade: Marín.

Domicilio: rúa do Sol nº 12.

Tipoloxía: miniresidencia.

7970