Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.339

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de outubro de 1997 pola que se publica a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co disposto no artigo 28 de Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter

nacional, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,

DISPÓN:

Ordena-la publicación da convocatoria que figura como anexo da presente orde, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de tesoureiro/a do Concello de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Posto: tesoureiro.

Corporación: Concello de Santiago de Compostela.

Bases.

1. Obxecto.

As presentes bases teñen por obxecto rexe-la convocatoria para cubrir, polo sistema establecido no artigo 99 2º da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 10/93 (BOE do 22 de abril de 1993), o posto de tesoureiro reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

2. Características do posto.

2.1. O posto que se vai cubrir está incluído no catálogo de postos de traballo aprobado polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día vinteseis de decembro de 1991.

2.2. O complemento de destino asignado ó posto é o correspondente ó nivel 30 e o seu sistema de provisión o de libre designación.

2.3. O complemento específico anual fixado para o posto é o que segue:

-3.874.728 ptas.

3. Requisitos.

3.1. Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria e poder desempeña-lo posto, no caso de ser nomeado:

3.1.1. Estar integrado na subescala de intervención-tesourería.

3.2. Isto, non obstante, atendendo ó establecido na disposición transitoria primeira, número 2a) e f) do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, sobre réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, tamén poderán concorrer ó posto de tesoureiro, os tesoureiros de Administración local de primeira non integrados na subescala correspondente.

4. Convocatoria.

4.1. A convocatoria será remitida pola Alcaldía á Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a integra publicación no Diario Oficial de Galicia.

4.2. Así mesmo, disporase a publicación no Boletín Oficial del Estado.

5. Solicitudes.

5.1. As solicitudes dirixiranse á Alcaldía, dentro dos 15 días naturais seguintes ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

5.2. Ademais do contido mínimo establecido no artigo 70.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na solicitude deberá indicarse o número de rexistro persoal, a situación administrativa na que se atope o solicitante e o seu destino.

5.3. Xunto coas solicitudes, os aspirantes achegarán os seus currículum vitae, no que constarán os títulos académicos, os anos de servicio, os postos de traballo desempeñados na Administración, os estudios e cursos realizados, outros méritos que coiden oportuno pór de manifesto e a acreditación documental.

6. Nomeamento.

6.1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía, no prazo dun mes, procederá, se é o caso e trala constatación da concorrencia dos requisitos esixidos nestas bases, a dicta-la resolución correspondente, a cal deberá ser motivada.

6.2. Da resolución darase conta ó Pleno da Corporación e trasladarase á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, órgano ó que corresponderá a anotación no rexistro correspondente e a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

7. Toma de posesión.

Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos cós establecidos para os funcionarios con habilitación nacional nomeados en virtude do procedemento de concurso.

8. Norma supletoria.

No non establecido nas presentes bases será de aplicación o título III, capítulo III do Regulamento xeral de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

9. Impugnación.

Contra a presente convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela, poderán interpoñe-los interesados recurso contencioso-administrativo perante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo do de reposición perante esta corporación no prazo dun mes contado

desde o día seguinte á súa publicación, sendo o prazo para interpoñe-lo devandito recurso contencioso-administrativo o de dous meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo resolutorio da reposición, se é expreso, e se non o fose, no prazo dun ano contado desde a data de interposición do devandito recurso de reposición, advertindo, sen embargo, que os interesados poden utilizar e exercer calquera outro que coiden pertinente.

7997