Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 294/1997, do 1 de outubro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de acondicionamento das estradas LU-644 de Rubián a Laiosa, p.k. 0,000/4660,738 e LU-643 de Bóveda ó Incio, p.k. 0,00/10,440. (Clave N/LU/95.03).

Con data do 1 de setembro do 1997, o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto da obra de acondicionamento da estrada LU-644 de Rubián a Laiosa, p.k. 0,000/4.660,738 e LU-643 de Bóveda ó Incio, p.k. 0,00/10,440 (clave N/LU/95.03).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para efectua-la declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo segundo do Decreto 156/1982, do 15 de decembro, sobre asunción de transferencias en materia de estradas e a súa asignación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, considerándose xustificada na referida declaración pola súa incidencia na seguridade vial.

En virtude de todo o exposto, e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación con previsto no artigo 8 da Lei 25/1988, do 29 de xullo, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día un de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios e que se concretan no expediente administrativo instruído, para efectos de expropiación no proxecto da obra de acondicionamento da estrada LU-644 de Rubián a Laiosa, p.k. 0,000/4.660,738 e LU-643 de Bóveda ó Incio, p.k. 0,00/10,440 (clave N/LU/95.03).

Santiago de Compostela, un de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7933