Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.220

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de agosto de 1997 pola que se determinan as épocas hábiles de caza durante a temporada 1997-1998.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no DOG nº 169, do 3 de setembro de 1997, procede face-las seguintes correccións:

1ª. Na páxina 8.585, artigo 3º.-Onde di: Con carácter xeral prohíbese a caza a calquera especie cinexética nas súas correspondentes épocas de celo, reproducción e crianza, salvo autorización excepcional e expresa do Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Debe dicir:

Con carácter xeral prohíbese a caza de calquera especie cinexética nas súas correpondentes épocas de celo, reproducción e crianza, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

2ª. Na páxina 8.590, artigo 18º.- «Réximes especiais por provincias e especies», onde di:

«...f) Corzo (capreolus capreolus): o período hábil estenderas desde o 1º domingo de setembro de 1997 ata o 18 de outubro de 1998,...»

Debe dicir:

«...f) Corzo (capreolus capreolus): o período hábil estenderase o 1º domingo de setembro de 1997 ata o 18 de outubro de 1997,...».

97-6348