Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52749).

Declarada urxente a instalación da liña eléctrica aérea a 132 kV desde a subestación de Intasa ata

a subestación de Cedeira, nos termos municipais de San Sadurniño, Valdoviño, Cerdido e Cedeira (Expte. nº 52.749), para efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso por Decreto 245/1997, do 24 de xullo, (Diario Oficial de Galicia do 16-9-1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo nº 171, 15009-A Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG do 27-11-1996, excluídos os mutuos acordos notificados, que o representante e o perito da Administración se constituirán nos predios os días e a partir das horas que seguen:

Día: 3-11-1997Consistorial:Hora:

Predios nº 1 ó 8San Sadurnino11

Predios nº 9 ó 35San Sadurniño12

Día: 4-11-1997

Predios nº 50 ó 110San Sadurniño11

Predios nº 112 ó 131San Sadurniño12

Día 5-11-1997

Predios nº 5 ó 120Valdoviño11

Día 6-11-1997

Predios nº 5 ó 89Cerdido11

Día 7-11-1997

Predios nº 1 ó 64Cedeira11

para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas das casas consistoriais as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación ou servidumes.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o consideran conveniente cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e aportar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito sen carácter de recurso, ata o citado levantamento, só para os efectos de emendar posibles erros da relación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 26 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7788