Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento dos prezos xustos por imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52636).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, esta delegación provincial acorda sinala-lo día 14 de outubro de 1997 ás 12.30 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., proceda na Casa do Concello de Cabana de Bergantiños, ós pagamentos dos prezos xustos e xuros, por imposición de servidumes de paso das instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Leas, (Expte. nº 52636), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

A Coruña, 9 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7803