Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Dadín.
Situación: Irixo.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 424 m, derivada desde o apoio 29 da L.M.T. a C.T. Bugalleira, e remata no C.T. proxectado en Dadín con 100 kVA, 20 kV/380-220 V. Liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56 de 285 m, derivada desde un apoio da L.M.T. a C.T. Parada Labiote e outros, e remata no C.T. proxectado en Saavedra con 100 kVA, 20 kV/380-220 V. Redes de baixa tensión no sector.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 26 de agosto de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
7431