Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 7 de outubro do ano que corre, acordou aprobar defi

nitivamente a modificación do plan parcial reformado de Esteiro no ámbito do cuarteirón 2, sendo o texto íntegro do acordo como segue:

O 17 de abril de 1997, por decreto da alcaldía-presidencia, aprobouse inicialmente a modificación do plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro no ámbito do cuarteirón 2: parcelas 2A, 2B e 2C, e dispúxose a apertura do trámite de información pública mediante anuncios publicados no DOG nº 84, do 5 de maio de 1997, e en El Ideal Gallego do martes 22 de abril de 1997. No período de información ó público presentáronse tres alegacións por: sindicato de xubilados e pensionistas da UGT; executiva do sindicato de xubilados e pensionistas de CC.OO.; Díaz Montero, José e outros. As tres alegacións presentadas teñen o mesmo contido e foron emitidos conxuntamente informes delas polos servicios técnicos municipais. Nas devanditas alegacións cuestiónase que a aprobación inicial poida realizarse por decreto da alcaldía, realízanse numerosas consideracións sobre as supostas irregularidades dos acordos adoptados para a aprobación do convenio coa Xunta de Galicia sobre este cuarteirón,

así como sobre as disposicións acordadas polo Consello da Xunta de Galicia. Tamén se cuestiona a autoridade do proxecto e a idoneidade do seu contido. Tendo en conta o informe dos técnicos municipais no cal se explica que a modificación de planeamento de desenvolvemento foi aprobada inicialmente acorde co disposto na Lei 7/1997, do 14 de abril. Considerando que as opinións sobre irregularidades no convenio e acordos previos a esta modificación non son obxecto do expediente de planeamento que estivo exposto ó público, senón valoracións sobre xestións e actuacións políticas; dado que a maior parte destas consideracións afectan a expedientes tramitados no Negociado de Facenda, cos seus prazos de exposición ó público e recursos pertinentes con anterioridade á modificación do planeamento, non é neste momento nin neste trámite onde se deben valorar criterios alleos ó documento urbanístico que se someteu a información pública. Os antecedentes que constan na memoria da modificación recollen

exactamente o sucedido entre a cesión de 1990 e a proposta de variación deses usos acordada no Consello da Xunta de 1995, as razóns desta variación non son obxecto da planificación. O documento de modificación foi realizado polos servicios técnicos municipais en abril de 1997, tal como consta no documento exposto ó público. O documento de modificación redúcese a plasmar respecto do planeamento os criterios e acordos sobre usos e cifras de edificabilidades que constan no acordo do Consello da Xunta de 1995, no convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o concello e a permuta realizada no seu día. O contido fundamental das alegacións é a defensa do planeamento vixente nestas parcelas, trala modificación de 1992 que foi variado por acordos adoptados en 1995 e nos que o concello se comprometeu a tramita-la modificación de planeamento que foi exposta ó público, elaborada

exclusivamente nos termos convidos con anterioridade. O documento de modificación foi sometido ó informe preceptivo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, segundo o establecido nos artigos 42.5 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e art. 7 da Lei 7/1995, do 25 de xuño. Remitido tal informe con data do 16 de setembro de 1997 e dado que nel non constan obxeccións para a aprobación definitiva da modificación; tendo en conta a necesidade de cumprir coas condicións establecidas nos convenios citados anteriormente, co fin de reaxusta-las edificabilidades para darlle unha ordenación máis axeitada ó remate urbanístico do cuarteirón 2 e co criterio de lograr unha localización idónea para o edificio de servicios múltiples da Administración autonómica, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 18 de setembro de 1997, acordou por maioría, co voto negativo dos representantes dos grupos municipais do BNG e EU, e a

abstención dos representantes do grupo municipal de IF proporlle ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: 1º.-Desestima-las alegacións presentadas no período de exposición ó público polas razóns expostas na parte expositiva. 2º.-Considerar validada a solicitude atemporal de informe previo á aprobación inicial da presente modificación. 3º.-Aprobar definitivamente a modificación do plan parcial reformado do polígono residencial de Esteiro no ámbito do cuarteirón 2: parcelas 2A, 2B e 2C. 4º.-Publica-la aprobación definitiva no DOG e cumpri-lo establecido no artigo 8d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño. Así mesmo, as modificacións que se introducen nas ordenanzas son as seguintes: 3. Determinacións urbanísticas que se modifican. En relación á xustificación descrita e tendo presentes as normas urbanísticas do plan parcial reformado, así como os planos e o cadro de características das superficies edificables expropiadas e a documentación correspondente ó proxecto de urbanización

da zona de Ensinanza-Agustias, redáctase a modificación requirida para a súa tramitación. 3.1. Alcance e contido da modificación. O criterio fundamental da presente modificación é o cambio de uso e ordenación das parcelas e a fixación dunha nova parcelación para acomoda-lo programa previsto polo concello e a Xunta de Galicia coa menor alteración das determinacións de ordenación do plan parcial vixente, co fin de mante-la unidade urbana definida para a zona. Neste sentido, a determinación principal é a de mante-la parcelación con división en tres parcelas que poderán ser edificadas independentemente para a execución dos tres usos previstos: A) Edificio de servicios múltiples da Administración autonómica. B) Uso residencial e compatibles. C) Usos dotacionais municipais. A forma de división que se propón é tal que as superficies edificables de cada unha das parcelas resultantes incorporan a superficie edificable en altura e o patio de cuarteirón conforme as súas demandas de teito

edificable e permiten a construcción de aparcamentos subterráneos de dimensión suficiente. Con este criterio modi

fícanse as condicións volumétricas para acomodalas ó convenio da Xunta de Galicia. Tamén é aconsellable, e así se propón, que a edificación do cuarteirón 2 se faga de maneira que se execute simultaneamente o acabado da urbanización das rúas de contorno e en especial da ZL-85, o que resulta funcionalmente necesario xa que actualmente existe no subsolo desta futura praza un centro de transformación que está previsto que se traslade á planta baixa do rocho do cuarteirón 2. No criterio de non altera-las determinacións do plan parcial vixente e dada a singularidade da actuación proposta nas parcelas 2A, 2B e 2C do cuarteirón proponse determinar un ámbito que recolle esta actuación e na que se aplica unha ordenanza específica para logra-los obxectivos previstos que se denomina ordenanza 9J, que sen altera-la unidade urbana definida para a zona no plan parcial, permite o desenvolvemento do convenio. Da modificación proposta resultan os seguintes parámetros: parcela 2A. Edificio de servicios

múltiples. 1. Superficie: 500 m. 2. Usos: equipamento administrativo. 3. Superficie construída (m):

Planta baixa: 500 m; chafrán: 5 m.

Plantas 1ª a 4ª: 492 m por planta; chafrán 10 m.

Plantas 5ª a 8ª: 261 m por planta; 12,5 m de fondo; chafrán: 10 m.

Sotos: dúas plantas na totalidade da parcela: 1.000 m.

Parcela 2B. Edificación residencial: 1. Superficie: 2.726 m. 2. Usos: planta baixa, comercial, administrativos privados, garaxes, almacéns vinculados ó comercial, usos industriais compatibles. Entreplanta, comercial ou administrativo privado. Plantas altas, residencial, 50% VPT e 50% VPO. 3. Superficie construída (m): planta baixa: 2.716 m. Entreplanta: 1.090 m. Plantas 1ª a 8ª: 8.220 m. 4. Fondos plantas altas: 12,5 m a rúa 1, 10,5 m a rúa Españoleto. 5. Voos: máximo 1 m computando superficie construída. 6. Sotos: dúas plantas na totalidade da parcela. Parcela 2C. Dotacións municipais. 1. Superficie: 512 m. 2. Usos: equipamento comunitario. 3. Superficie construída (m): planta baixa: 512 m. Entreplanta: 124 m. Plantas 1ª a 4ª: 496 m. 4. Fondos edificables: no medianil co edificio da rúa Españoleto: 15 m. No medianil coa parcela 2B a prolongación do fondo do dito edificio. 5. Sotos: dúas plantas na totalidade da parcela (1.024 m). 3.2. Normas urbanísticas que se modifican. Ó artigo

14 do plan parcial engádeselle o seguinte apartado: zona 9J. Cuarteirón 2. Parcelas 2A, 2B e 2C. O artigo 16.1 queda redactado da seguinte forma: aplícase esta ordenanza ós cuarteiróns 1, 2 (agás nas parcelas 2A, 2B e 2C), 3, 4A, 5A, 5B, 6B e 11. Ó artigo 24 engádeselle o punto 6 que di: zona 9J. Parcela 2A. Edificio de servicios múltiples. Sitúase na esquina da Avda. de Vigo coa rúa 1, cunha superficie de 500 m, e coas dimensións que figuran no plano nº 1.1: ocupación plantas sotos e baixa, cotas

de parcelas. Será edificable en: dous sotos destinados a garaxes ou usos complementarios do administrativo (instalacións, almacéns, etc.). Planta baixa ocupando o total da parcela con chafrán de 5 metros. Superficie construída de 500 m (plano nº 1.1). Planta 1ª a 4ª ocupando o total da parcela pero co chafrán de 10 metros. Superficie construída por planta de 492 m (plano nº 1.3). Plantas 5ª a 8ª ocupadas cun fondo de 12,50 metros medidos desde a rúa 1 e con chafrán de 10 m. Superficie construída por planta 261 m (plano nº 1.4). Os medianís sobre a parcela propia e sobre a 2B terán tratamento de fachadas. Parcela 2B. Edificación residencial. Sitúase estremeira coa anterior, con fronte á rúa 1 en 28,40 m e á rúa Españoleto en 69,20 m; ocupará unha superficie de 2.726 m, coas dimensións que figuran no plano nº 1.1.: ocupación plantas sotos e baixa, cotas de parcelas. Será edificable en: dous sotos destinados a garaxes. Planta baixa ocupando o total da parcela destinada a usos comerciais

ou administrativos privados, garaxes, almacéns vencellados ó comercial ou usos industriais compatibles co uso residencial de acordo no artigo 126 da normativa do plan xeral vixente. Entreplanta destinada a usos comerciais ou administrativos privados ocupando unha superficie construída máxima de 1.090 m de acordo co plano nº 1.2.: ocupación entreplanta. Autorízanse voos de máximo 1 metro computando superficie construída. Plantas primeira a oitava, ocupando un fondo edificable de 12,50 metros con fronte á rúa 1 e 10,50 metros con fronte á rúa Españoleto. Autorízanse voos de máximo 1 metro computando superficie construída. O uso será para vivendas de prezo taxado e de protección oficial (planos números 1.3. e 1.4.). Destinarase o 50% das vivendas a protección oficial e o 50% restante, ó prezo taxado, ata unha superficie construída total, incluso voos, de 8.220 m. Parcela 2C. Dotacións municipais. Sitúase estremeira coa parcela 2B absorbendo o desfase de aliñación entre a parcela 2B e a

rúa Españoleto cun chafrán de 3 metros; ocupará unha superficie de 512 m coas dimensións que figuran no plano número 1.1.: ocupación plantas sotos e baixo, cotas de parcelas. Será edificable en: dous sotos destinados a garaxes. Planta baixa ocupando o total da parcela destinada a usos dotacionais municipais. Entreplanta destinada ós usos dotacionais municipais ocupando 124 m construídos de acordo co plano número 1.2. (ocupación entreplanta). Plantas primeira a cuarta destinadas a usos dotacionais municipais, ocupando 124 m construídos de acordo co plano número 1.3. (ocupación plantas primeira a cuarta). Condicións volumétricas. A altura da edificación é de baixo, entreplanta e oito plantas, agás nas zonas especificadas en planos, de contacto co resto do cuarteirón que será de baixo, entreplanta e catro plantas ou de baixo e catro plantas (segundo plano nº 1). A altura de cornixa será a establecida polo edificio administrativo, coincidindo o nivel da última placa deste coa última

placa do edificio destinado a uso residencial. Igualmente coincidirá o nivel da 1ª placa sobre rasante (teito de planta baixa)

de ámbolos edificios. A altura máxima entre a rasante no cruzamento da Avda. de Vigo e a rúa 1 e a cara superior do último forxado será de 31 metros. A cornixa non superará en máis de 1,00 metros este nivel e a cumieira en 3,50 metros. Na fachada posterior da parcela 2C autorízanse adaptacións da aliñación, sen supera-los máximos nos puntos de contacto cos medianís e sen que se supere a superficie máxima construída por planta. Autorízanse voos máximos de 1 metro computando superficie construída na parcela 2B. 3.3. Planos do plan parcial que se modifican. En coherencia coas determinacións anteriores quedan modificados os planos 5, 6 e 8 na forma que se xunta. Engádese un plano de ordenación (plano nº 1) que recolle as determinacións fundamentais. 3.4. Cadros de características que se modifican. Quedan modificadas as follas nº 1 do cadro de características das superficies edificables expropiadas e das unidades de actuación. Cadro de aproveitamentos e usos do solo. Edificio

administrativo público.

PlantaNº plantasSup. ConstUso

Sotos21.000 mGaraxe/Complem.

P. baixa1500 mAdminis. público

1ª a 4ª41.968 mAdminis. público

5ª a 8ª41.044 mAdminis. público

Total superficie construída: 4.512 m. Total superficie construída sobre rasante: 3.512 m. Edificio uso residencial.

PlantaNº plantasSup. ConstUso

Sotos25.452 mGaraxe

P. baixa12.726 mComercial/garaxe

Entrepl.11.090 mComercial/Adminis.

Privado

1ª a 8ª88.220 m50% VPO, 50%VPT

Total superficie construída: 17.488 m. Total superficie residencial: 8.220 m (50% VPO, 50% VPT). Edificio dotacional municipal.

PlantaNº plantasSup. ConstUso

Sotos21.024 mGaraxe/Complem.

P. baixa1512 m Dotacional

Entrep.1124 m Dotacional

1ª a 4ª4496 m Dotacional

Total superficie construída: 2.156 m. Total superficie s/rasante: 1.132 m.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interporse contra a aprobación definitiva recurso de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, a partir da data da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Ferrol, 9 de outubro de 1997.

Juan Blanco Rouco

Alcalde

7613