Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de probas selectivas de persoal, vacantes na relación de postos de traballo (RPT) para 1997.

No BOP de Lugo número 215, correspondente ó 18 de setembro de 1997, aparecen publicadas as bases xerais que rexerán a provisión das prazas de persoal que a continuación se expresan, vacantes na RPT para 1997.

Persoal funcionario:

*Unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral. Grupo D.

-Forma de provisión: concurso-oposición, vía promoción interna.

*Unha praza de técnico superior economista. Grupo A.

-Forma de provisión: concurso libre.

*Unha praza de técnico metalúrxico. Grupo C.

-Forma de provisión: concurso libre.

*Unha praza de cabo da policía municipal de Cervo. Grupo D.

-Forma de provisión: concurso, vía promoción interna.

As bases relativas a esta praza foron, así mesmo, publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 125, correspondente ó 1 de xullo de 1997.

Persoal laboral fixo:

*Unha praza de entargado xeral do Concello de Cervo. Grupo C.

-Forma de provisión: concurso, vía promoción interna.

*Unha praza de auxiliar de cultura. Grupo D.

-Forma de provisión: concurso, vía promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio da convocatoria no BOE.

Cervo, 29 de setembro de 1997.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

7870