Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Rectificación bases convocatoria praza arquitecto técnico.

No Diario Oficial de Galicia número 225, do 18 de novembro do ano 1996, sae publicado un anuncio deste Concello de Cee, relativo a bases para provisión en propiedade mediante o sistema de oposición libre dunha praza de arquitecto técnico encadrada na escala de Administración especial, grupo B desde Concello de Cee.

Na base 2º.-Requisitos dos aspirantes, dicía:

«a) Ser español.

b) Ter 18 anos cumpridos e non exceder de 55 na data que remate o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión do título de arquitecto técnico, enxeñeiro técnico de obras públicas, arquitecto, enxeñeiro de camiños, canales e portos ou aparellador, ou en condicións de obtelos na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, comunidades autónomas, entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determina a lexislación vixente».

Como consecuencia do recurso contencioso-administrativo interposto polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, contra a citada base no seu parágrafo c), e á vista da conformidade do concello con este, o Pleno Corporativo deste concello, na sesión ordinaria realizada o día 28 de decembro do ano 1996, acordou a rectificación do parágrafo citado, quedando o punto 2º.-Requisitos dos aspirantes, parágrafo c), da seguinte forma:

c) Estar en posesión do título de arquitecto-técnico ou aparellador, ou en condicións de obtelos na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

O resto das bases non sofre ningunha modificación.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cee, 1 de xullo de 1997.

O alcalde-presidente

Rubricado

7614