Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

ANUNCIO.

Este concello fai pública a seguinte convocatoria:

Obxecto: elección do xuíz de paz titular e substituto, do Xulgado de Paz de Carnota, por un período de catro anos.

Prazo de presentación de solicitudes: vinte días naturais contados desde a publicación do presente anuncio, nas dependencias municipais, dentro do horario de 9 a 14 horas.

Condición que deben reuni-los solicitantes: ser español, maior de idade e non estar incurso en causa de incapacidade e incompatibilidade das previstas nos artigos 303 e 389 da vixente Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación:

-Fotocopia autentificada do DNI.

-Certificación do Rexistro Xeral de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980.

-Xustificante dos méritos que, se é o caso, alegue o solicitante.

Carnota, 22 de setembro de 1997.

J.D.C. Oreiro Rodríguez

Alcalde

5523