Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 175, do 1 de agosto de 1997, publicáronse as bases da convocatoria para a provisión de varias prazas, correspondentes á oferta de emprego público para 1996, que son as seguintes:

-Bases que rexerán a selección para cubrir en propiedade unha praza de orientador profesional.

-Bases que rexerán a selección para cubrir en propiedade unha praza de conserxe do CMF Isaac Díaz Pardo.

-Bases que rexerán a selección para cubrir en propiedade unha praza de auxiliar administrativo.

-Bases que rexerán a selección para cubrir en propiedade dúas prazas de auxiliar de biblioteca.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, significándose que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 25 de setembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

7629