Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (248/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 4 de setembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación do polígono 2 do SU-21, por instancia de Manuel Requeijo Conde, en representación dos propietarios de parcelas do terreo do dito polígono.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de setembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde