Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.143

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 290/1997, do 9 de outubro, de asunción dos servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1376/1997, do 29 de agosto, sobre ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura, Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), polo Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, e da asignación dos medios asumidos ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Polo Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, ampliáronse os medios adscritos ós servicios traspasados da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura (FEGA, antigo SENPA), polos reais decretos 3318/1982, do 24 de xullo, e 4189/1982, do 29 de decembro.

Polo Decreto 76/1996, do 29 de febreiro, os ditos medios asignaráronse á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, conforme o disposto no parágrafo segundo do seu artigo 2.

Pola súa vez, os citados medios adscribironse ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga) conforme o disposto na disposición adicional sétima do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Instituto.

Debido á insuficiencia dos medios económicos transferidos, en canto ó persoal funcionario, houbo que amplialo, o que se levou a cabo a través do Real decreto 1376/1997, do 29 de agosto.

Semella, pois, conveniente, asumir de forma expresa tal ampliación de medios, tal como figuran na

relación número 1 do anexo ó antedito real decreto, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias, e asignárllos ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro do Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

Quedan asumidos os créditos orzamentarios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1376/1997, do 29 de agosto, sobre ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura, Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), polo Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro.

Os ditos créditos orzamentarios, que figuran na relación número 1 ó anexo do real decreto citado, asígnanse ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), organismo autónomo de carácter comercial e financeiro adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dictará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7834