Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.142

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 289/1997, do 9 de outubro, sobre asunción do traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación, e a súa asignación á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, traspasouse á Comunidade Autónoma de Galicia a xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

Procede, na súa virtude, asumir de forma expresa as funcións e servicios traspasados nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e consignárllelas ós órganos correspondentes da Administración autonómica Galega.

Por isto, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, en materia de traballo, emprego e formación, nos termos e condicións espe

cificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó dito real decreto.

2. As funcións e servicios traspasados, de conformidade co disposto no apartado anterior, asígnanselle á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Familia, Muller e Xuventude para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7884