Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.142

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 288/1997, do 9 de outubro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 1379/1997, do 29 de agosto, en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos e a súa asignación á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Polo Real decreto 1379/1997, do 29 de agosto, traspásanse funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos.

Parece, pois, conveniente asumir de forma expresa tales medios, que se consignan relacionados no real decreto aludido, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias e asignalos ós órganos correspondentes da Administración galega.

En virtude diso, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Quedan asumidas as funcións e servicios traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1379/1997, do 29 de agosto, en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó referido real decreto.

2. Quedan asumidos os medios orzados traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autonóma de Galicia en virtude do Real decreto

1379/1997, do 29 de agosto, en materia de execución da lexislación do Estado sobre productos farmacéuticos, nos termos e condicións especificados no acordo da Comisión Mixta de Transferencias publicado como anexo ó referido real decreto.

Os créditos orzamentarios que figuran nas relacións adxuntas ó anexo do real decreto citado asígnanse á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais dictará cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro de Presidencia e Administración Pública

7839