Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de setembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 41/96 e VP-C 43/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as propostas de resolucións por infracción tipificada no artigo 56.c.3 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, sobre política de vivendas de protección oficial.

Contra as devanditas propostas de resolucións e de conformidade co artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notificaselles ós interesados das propostas é poñendolles de manifesto o expediente con indicación dos documentos que os conforman e concedéndolle-lo prazo de 15 días, contados desde o seguinte ó da notificación, para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-la documentación que consideren conveniente no seu descargo.

As presentes propostas non son susceptibles de recurso.

E para que cosnte e lles sirva de notificación ós interesados, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 9 de setembro de 1997.

Covadonga Alonso Landeta

Xefa da Área Provincial Acctal. do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: VP-C 41/96.

Denunciada: Mª Ángeles García Barreiro.

Último domicilio coñecido: urbanización Sol y Mar, bloque 11, portal 3-2º B, Oseiro-Arteixo (A Coruña).

Feito denunciado: non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Tipificación da infracción: Art. 56.c.3 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, sobre política de vivendas de protección oficial.

Precepto sancionador: Art. 57 do Real decreto 3148/1978.

Sanción: 250.000 ptas. e cumprimento da obriga de habita-la vivenda.

Expediente: VP-C 43/96.

Denunciada: Encarnación Asensi Anderson.

Último domicilio coñecido: urbanización Sol y Mar, bloque 15, portal 1-2º B, Oseiro-Arteixo (A Coruña).

Feito denunciado: non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Tipificación da infracción: Art. 56.c.3 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, sobre política de vivendas de protección oficial.

Precepto sancionador: Art. 57 do Real decreto 3148/1978.

Sanción: 250.000 ptas. e o cumprimento da obriga de habita-la vivenda.

7823