Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de aparellos e dispositivos con destino a cubrir necesidades nos servicios médicos do Hospital Montecelo, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 9/97).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 6 de xuño de 1996), convoca o concurso público nº 9/97 polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

I. Obxecto e orzamento: a adquisición dunha fonte de electrocoagulación, un campímetro, un sistema de macrofotografía e unha padiola radiotransparente, con destino ós médicos do Hospital Montecelo por un orzamento de nove millóns novecentas mil (9.900.000) pesetas. Imposto sobre o valor engadido incluído.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de trinta días contados a partir da data de formalización do contrato.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e

de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderán ser solicitados na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n, CP 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

IV. Fianzas: garantía provisional equivalente ó dous por cento do orzamento da licitación, constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da LCAP.

V. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

VIII. Clasificación: non se esixe.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Variantes: admitirase a presentación de dúas variantes ou alternativas por cada concepto.

XIII. Anuncios: os gastos derivados dos anuncios oficiais, ou en medios de comunicación, do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 22 de setembro de 1997.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

7824