Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de procedemento negociado sen publicidade, das obras de reparación dos lucernarios dos bloques R.8.1 a R.8.5 do polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, A Coruña. (Expediente C-97/REP19).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 26 de setembro de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Industrias Galegas do Aluminio e Outros Metais, S.A. (Indugalsa), por un importe de dezaoito millóns novecentas setenta e unha mil cincuenta e oito (18.971.058) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

7294