Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 24 de setembro de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Proyecon Galicia, S.L., por un importe de cento vintesete millóns cento oitenta e oito mil oitocentas vinteseis (127.188.826) pesetas, IVE incluído.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1997.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José A. Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo
7578