Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006014/1997, interposto por Reducrema, S.L.

O 12 de setembro de 1997, a Consellería de Cultura e Comunicación Social recibe da sección segunda

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0006014/1997, interposto por Reducrema, S.L., contra resolución da Consellería de Cultura e Comunicación Social de 10-4-1997, estimatoria do recurso ordinario interposto por Victoria Baamonde Garaboa, contra outra do director xeral de Patrimonio Cultural, do 30-6-1996, por obras na rúa Charino, 7, esquina Rúa Alta, nº 4 de Pontevedra.

En consecuencia, estas secretaría xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remisión do citado expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos (mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

7561