Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 285/1997, do 9 de outubro, polo que se afectan ó dominio público os locais número 5 A e número 6 da planta baixa do portal 3 do inmoble sinalado co antigo número 98 da rúa Xeneral Sanjurjo da cidade da Coruña e se adscriben ó Servicio Galego de Saúde.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade dos locais nº 5 A e nº 6 da planta baixa do portal 3 do inmoble sinalado co antigo número 98 da rúa Xeneral Sanjurjo da cidade da Coruña.

O Servicio Galego de Saúde, logo da comunicación da Secretaría Xeral e do Patrimonio a tódalas consellerías da dispoñibilidade dos anteditos locais, manifestou o seu interese por eles para instalar dependencias administrativas.

Á vista do disposto nos artigos 9 e 13 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 10, 11, 13 e 20 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, pola que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Aféctanse ó domino público da Comunidade Autónoma de Galicia os locais nº 5 A e nº 6 da planta baixa do portal 3 do inmoble sinalado co antigo número 98 da rúa Xeneral Sanjurjo da cidade da Coruña, para instalar dependencias administrativas, que se adscriben ó Servicio Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, nove de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7794