Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se delega nos xefes dos servicios provinciais de Turismo o exercicio de determinadas competencias.

Tendo en conta o gran volume da actividade administrativa que a normativa turística vixente lle atribúe ó titular da Secretaría Xeral para o Turismo e co fin de evitar unha concentración excesiva e lograr unha maior axilidade administrativa que redunde en beneficio tanto da Administración como dos administrados, faise conveniente que, dentro do respecto ós principios informadores da actuación administrativa, e con suxeición á normativa legal vixente, se deleguen nos xefes dos servicios provinciais de Turismo determinadas competencias.

E na súa virtude, e facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño delegar nos xefes dos servicios provinciais de Turismo correspondentes, o exercicio das seguintes competencias:

-Visado dos regulamentos de réxime interior das empresas turísticas.

A Secretaría Xeral para o Turismo poderá, non obstante, avogar para si en calquera momento o exercicio das competencias delegadas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que as concedeu.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1997.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

7703