Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de setembro de 1997 sobre a modificación da forma de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta formulada polo Concello da Coruña, relativa á modificación da forma de provisión do posto de traballo de oficial maior, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

O posto de traballo de oficial maior do Concello da Coruña, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, clasifícase como de provisión polo sistema de libre designación.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7742