Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 20 de setembro de 1997, adoptou o acordo de aprobar definitivamente a modificación puntual do artigo 74 apdos. 1 e 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do presente anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei

30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren pertinentes.

Bergondo, 30 de setembro de 1997.

José Carabel Balsa

Alcalde

7738