Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Con data do 19 de decembro de 1995 foi aprobado técnica e definitivamente o proxecto de colectores de augas residuais, canalización do río Anllóns e EDR en Carballo.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa e concordantes do seu regulamento, esta alcaldía resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que máis adiante se dirá, para que comparezan na Casa do Concello de Carballo o día 24 de outubro de 1997, ás 11 horas, co fin de proceder ó levantamento das actas previas para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da urxente ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

Relación de bens afectados

Nome e apelidosDomicilioSuperf. mLugar

1Encarnación Martínez PuñalDr. Fleming1.226,25Arroio da Balsa
2José Gesto CasalV. de Negreira 217,50Arroio da Balsa
3José Vázquez PomboV. de Parga, 55325 Ribeira-Bertoa

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución; poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos ou notarios.

Carballo, 6 de outubro de 1997.

Manuel Varela Rey

Alcalde

97-7489