Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-12).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 15 de xullo do 1997, acordou aprobar definitivamente o expediente denominado modificación do plan parcial de Beiramar (PP1), en Perillo.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Admi

nistrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle de que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo Art. 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 11 de setembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

7496