Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.745

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

CORRECCIÓN de erros.-Edicto (281/1989).

Advertidas omisións no texto publicado no Diario Oficial de Galicia, do 11 de setembro pasado, publícanse a seguir:

Dilixencia. En Madrid, 28 de xullo de mil novecentos noventa e sete. Fago constar que se practicaron as investigacións necesarias para atopar bens abondos do executado nos que facer embargo sen pleno resultado, do que paso a dar conta a S.Sª, acompañando proposta de resolución. Dou fe.

Proposta de resolución do secretario xudicial, González Huergo.

Auto. En Madrid, 28 de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Feitos.

Primeiro.-Que no proceso de execución número 19/1990, seguido por instancia de Roberto González Cerecedo, Miguel Ángel Nieto Solís, fronte a Publicaciones de Galicia, S.A. e Grupo de Analistas de Cartera, S.A., se dictou taxación de custas, con data do 2 de novembro de 1994, para cubrir un total de 1.019.669 pesetas.

Segundo.-Da investigación de bens practicada obtívose a cantidade de 518.240 pesetas, que foi posta á disposición dos demandantes, quedando reducida a cantidade a 501.429 pesetas en concepto de resto de taxación, descoñecéndose, tralas necesarias investigacións practicadas, a existencia de novos bens suficientes susceptibles de embargo e déuselle a preceptiva audiencia ó fondo de garantía salarial.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Dispón o artigo 248 e 274 da LPL que, de non atoparse bens do executado nos que facer embargo ou que estes fosen insuficientes, se practicarán as averiguacións que nel se detallan e de seren infructuosas, tras oí-lo fondo de garantía salarial, se dictará auto no que se declare a insolvencia total ou parcial do executado, insolvencia que no presente caso debe ser cualificada como parcial e entendida para tódolos efectos como provisional, ata que se coñezan bens do executado ou se realicen os bens embargados.

Parte dispositiva.

En atención ó exposto, acórdase:

A) Declarar o executado Publicaciones de Galicia, S.A. e Grupo de Analistas de Cartera, S.A., en situación de insolvencia parcial con carácter provisional por importe de 501.429 pesetas, insolvencia que se entenderá para tódolos efectos como provisional.

B) Arquiva-las actuacións logo da anotación no libro correspondente, e sen prexuízo de continua-la execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó fondo de garantía salarial, e advírtase que fronte a ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días hábiles ante este xulgado.

O que propoño eu, o secretario, a José Luis Asenjo Pinilla, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 25 de Madrid, para a súa conformidade.

Conforme:

Maxistrado-xuíz. O secretario xudicial.

Dilixencia.

Seguidamente se cumpre o ordenado, enviando un sobre a cada unha das partes por correo certificado con aviso de recepción, na forma prevista no artigo 56 da LPL que contén copia da resolución. Dou fe.

6929