Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.745

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (171/1997).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal civil número 171/1997, do que se fará mérito, se dictou a sen

tencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintedous de xullo de mil novecentos noventa e sete. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo verbal número 171/1997, seguidos entre partes, dunha, como demandante, Manuel Agra Fernández, coa procuradora Goimil Martínez, e doutra, como demandados, Félix Montoya Escudero e a Cía. Fiatc de Seguros y Reaseguros, coa procuradora Sánchez Silva.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Goimil Martínez, en nome e representación de Manuel Agra Fernández, en canto se dirixe contra a compañía de seguros Fiatc de Seguros y Reaseguros, S.A., debo condenar e condeno á dita demandada a aboarlle ó demandante a cantidade de setecentas catorce mil cento corenta e seis pesetas (714.146 ptas.), con aplicación dos xuros previstos no artigo 20 da Lei de contrato de seguro. E, desestimando a mencionada demanda en canto se dirixe contra Félix Montoya Escudero, debo absolver e absolvo o dito demandado das pretensións deducidas na súa contra; todo iso sen facer expresa imposición das custas procesuais causadas.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispón o artigo 733 da Lei de axuizamento civil.

A sentencia anterior foi lida e publicada no mesmo día da súa data».

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Félix Montoya Escudero, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintedous de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7301