Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.745

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (163/1995).

No procedemento de cognición 163/1995, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Alberto González Carballo, sobre cognición, se dictou sentencia que, copiada no seu encabezamento e decisión, é como segue:

«En Santiago de Compostela, oito de setembro de mil novecentos noventa e sete, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de cognición 163/1995, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banco Central Hispanoamericano, S.A., co procurador García-Piccoli Atanes e doutra, como demandado, Alberto González Carballo, decido: que, estimando a demanda presentada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Alberto González Carballo, condeno o demandado a pagarlle á demandante a suma de duascentas corenta mil setecentas oitenta e sete pesetas (240.787 ptas.) de principal, mailo xuro legal da dita cantidade desde a data de emprazamento para contestar a demanda, todo iso con expresa imposición ó demandado das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispón o artigo 733 da Lei de axuizamento civil».

E co fin de que lle sirva de notificación en forma ó demandado Alberto González Carballo, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, once de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O/a secretario/a

Rubricado

7237