Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.744

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (244/1996).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 244/1996, se dictou a sentencia co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e sete, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de menor contía seguido neste xulgado co número 244/1996, no que actuaron como demandantes Elena González Seoane e Santiago Quintas Rey, representados polo procurador dos tribunais Manuel Merelles Pérez e asistidos pola letrada María Jesús Loredo Conde, e como demandados Antonio González Seoane, Esperanza Pereira Rodríguez e herdeiros descoñecidos e incertos de Salomé Seoane Carrera.

Resolvo que, desestimando a demanda presentada, debo absolver e absolvo desta os demandados, con imposición das custas á parte demandante. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado».

E para que conste e lles sirva de notificación ós herdeiros incertos e descoñecidos de Salomé Seoane

Carrera, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de setembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7269