Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.744

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (177/1997).

En virtude do acordado pola súa señoría nos autos de expediente de xurisdicción voluntaria para o

nomeamento de contador-partidor para a partición da herdanza de José Mareque González, seguidos neste xulgado baixo o número 177/1997, por instancia de María Sara Mareque Constenla e Eugenio Fernández Tejo, representados polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, polo presente edicto cítase o coherdeiro José Mareque Constenla, en ignorado paradoiro, co últino enderezo coñecido en San Xulián de Sales, Vedra, para que compareza perante este xulgado o vindeiro día tres de novembro, ás once horas da súa mañá, co fin de proceder ó nomeamento de contador partidor, baixo apercibimento de que, se non comparece, recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación en legal forma ó dito coherdeiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezasete de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7253