Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.724

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de setembro de 1997 pola que se dispón que o secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais se encargue do despacho dos asuntos da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Producido o cesamento do titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais, cómpre adopta-las medidas inmediatas para que, sen prexuízo do posterior nomeamento do novo titular do centro directivo, se asegure o correcto funcionamento do servicio e a resolución, se é o caso, dos asuntos encomendados á devandita dirección xeral.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

O desenvolvemento das accións e exercicio das competencias propias da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que figuran no Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, modificado polo Decreto 200/1994, do 23 de xuño, e outras que lle fosen expresamente delegadas, quédanlle encomendadas temporalmente, e ata que se produza o nomeamento do seu titular, ó secretario xeral desta consellería.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7441