Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de setembro de 1997 pola que se declara de interese galego a Fundación Fiseva e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 10 de setembro de 1997 publicouse, no Diario Oficial de Galicia, a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 24 de xullo de 1997, pola que se clasifica como mixta a Fundación Fiseva adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vilagarcía de Arousa, o día 5 de xuño de 1997, perante o notario desta cidade, Manuel Remuñán López, co número mil setenta e cinco do seu protocolo, por José Barros Cuervo, Félix Acuña Vidal, Ramón Montenegro González, Pedro Miguel Piñeiro Lago, Juan Ramón Sampedro Cedeira, Carlos Oubiña Portas, Luis García Reboredo Mendoza, José Francisco de Asís Barros López, Luis Carlos Rey Rañó, Manuel Jesús Freijeiro Martínez, Juan Carlos Maneiro Otero, interveñen no seu propio nome agás José Barros Cuervo que intervén en representación da entidade mercantil denominada Coto de Xiabre, S.L., Félix Acuña Vidal, en representación, como administrador solidario, da entidade mercantil denominada Comercial Félix Acuña, S.L., Carlos Oubiña Portas en representación, como administrador solidario, da entidade mercantil denominada Construcciones Viacando, S.L., Francisco de Asis Barros López, en representación, como administrador solidario, da

entidade mercantil denominada Combustibles de Arosa, S.L., Luis Carlos Rey Rañó, en repre

sentación, como mandatario verbal, de Eduardo Francisco Martínez Lorenzo, Francisco Manuel Sánchez Rivas e Manuel Víctor Méndez Castro.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto e finalidade, propicia-lo estudio e investigación e debate de temas e proxectos de interese local para Vilagarcía de Arousa, impulsando a xestión das institucións locais e responsables políticos, co fin da máis óptima realización daqueles, ademais do fomento e desenvolvemento do tecido social e económico de Vilagarcía de Arousa.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación Fiseva ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación Fiseva no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7603