Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.724

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 268/1997, do 10 de setembro, polo que cesan dous membros da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) e se nomean os seus substitutos nesa comisión.

O Decreto 254/1995, do 29 de setembro, nomeou a Juan Rodríguez Yuste, director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea, da Consellería de Economía e Facenda, membro da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), en representación da Consellería de Economía e Facenda.

Posteriormente, o Decreto 8/1997, do 23 de xaneiro, dispuxo o cesamento de Juan Rodríguez Yuste como director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea e polo Decreto 10/1997, do 23 de xaneiro, foi nomeado secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Así mesmo, o Decreto 180/1997, do 10 de xullo, dispón que cese José Ángel Veiga Abeledo como director xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública e o Decreto 181/1997, do 10 de xullo, nomea a José María Matías Fernández para ocupa-lo dito cargo.

O Decreto 137/1995, do 10 de maio, polo que se establece a composición da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), modificado polo Decreto 59/1997, do 14 de marzo, dispón que, tanto a Consellería de Economía e Facenda como a da Presidencia e Administración Pública, teñan os seus propios representantes dentro da Cicetga. Por isto a Consellería de Economía e Facenda, en uso das súas competencias, propón a José Antonio Campo Andión, director xeral do Instituto Galego de Estatística, como membro da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), en substitución do anterior representante, Juan Rodríguez Yuste. A Consellería da Presidencia e Administración Pública propón, pola súa parte, a José María Matías Fernández, director xeral de Organización e Sistemas Informáticos, como membro da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), en substitución do anterior representante, José Ángel Veiga Abeledo.

De conformidade co establecido no Decreto 137/1995, do 10 de maio, modificado polo Decreto 59/1997, do 14 de marzo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do día dez de setembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesar a José Ángel Veiga Abeledo como representante da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), agradecéndolle os servicios prestados.

Nomear a José María Matías Fernández, director xeral de Organización e Sistemas Informáticos, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, vocal da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

Artigo 2º

Cesar a Juan Rodríguez Yuste como representante da Consellería de Economía e Facenda na Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga), agradecéndolle os servicios prestados.

Nomear a José Antonio Campo Andión, director xeral do Instituto Galego de Estatística, organismo adscrito á Consellería de Economía e Facenda, vocal da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga).

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de setembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7626