Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-126/97 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, funcionaria da delegación provincial, que poderá ser recusado en calquera momento do expediente, de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 1 de setembro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-126/97.

Denunciado: Salvador Platas Ferreiro (DNI 33.849.290).

Último enderezo coñecido: Casas Sindicais, 17-baixo.

Feitos imputados: pescar sendo titular dunha licencia válida de pesca, sen levala consigo en tramo acoutado carecendo de permiso regulamentario empregando cebo de uso non permitido (miñoca), o día 6-5-1997, no río Ladra-tramo acoutado pesca sen morte, Pacios-Begonte.

Precepto sancionador: 33.1, 34.10 e 34.14 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 65.000 pesetas de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

-Expediente nº: P-145/97.

Denunciado: Rafael Queipo Díaz (DNI 76.567.640).

Último enderezo coñecido: S. Miguel, 13-Ribadeo-Lugo.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño, infrinxindo o disposto na orde de vedas 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997) fixada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ó ter capturado 10 troitas de tamaño inferior ó regulamentario, feitos constatados o día 16-5-1997, no río Veiga de Logares, Carballido-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: 33.9 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa e 12.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo a valoración do Servicio de Medio Ambiente Natural.

-Expediente nº: P-152/97.

Denunciado: Carlos José Pérez Mouriño.

Último enderezo coñecido: Av. de Madrid 33-35; 3º Esq.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia, o día 26-5-1997 no río Ferreira-Portomarín.

Precepto sancionador: 34.1 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

7107