Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes incoados por infracción á Lei de pesca fluvial P-22/97 e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

Lugo, 1 de setembro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-22/97.

Denunciado: Óscar Gómez Robles.

DNI: 34.979.131.

Último enderezo coñecido: r/ Pedro Moreiras 4-Toén-Ourense.

Feitos denunciados: dedicarse ó deporte da pesca en época de veda; o día 6-3-1997 no encoro dos Peares-río Miño-Lugo.

Cualificación da sanción: menos grave.

Precepto sancionador: Art. 34.8 da Lei 7/1992.

Sanción: 50.001 ptas. de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

-Expediente nº: P-27/97.

Denunciado: José M. Laso Novoa.

DNI: 34.929.263.

Último enderezo coñecido: r/ Greco 4-1º D-Ourense.

Feitos denunciados: dedicarse ó deporte da pesca en época de veda; o día 9-3-1997 no encoro dos Peares-río Miño-Carballedo-Lugo.

Cualificación da sanción: menos grave.

Precepto sancionador: Art. 34.8 da Lei 7/1992.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e 7.800 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción; atópanse depositadas no Cuartel da Garda Civil de Pantón.

-Expediente nº: P-34/97.

Denunciado: José B. Rey Novoa.

DNI: 34.588.297.

Último enderezo coñecido: rúa Alfredo Brañas, 82-Oira-Ourense.

Feitos denunciados: dedicarse ó deporte da pesca en época de veda (150 m augas arriba da desembocadura do río Lama), infrinxindo a orde de vedas 16-2-1996 (DOG 29-2-1996) pola que se fixan as normas especiais de pesca en zonas vedadas do río Miño; o día 9-3-1997 no río Miño-Chantada-Lugo.

Cualificación da sanción: menos grave.

Precepto sancionador: Art. 34.8 da Lei 7/1992.

Sanción: 50.001 ptas. de multa. Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes comisadas: devolución logo do aboamento da sanción; atópanse depositadas na oficina de Seprona-Monforte de Lemos.

7474